Jump to content

Recadación de fondos 2012/Tradución/Carta de agradecemento

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Thank you letter and the translation is 84% complete.
Outdated translations are marked like this.

Boas, [given name]:

Grazas por faceres unha doazón á Fundación Wikimedia. Que cousa tan marabillosa!

É doado ignorar os carteis da campaña de recadación de fondos, e alégrome de que ti non o fixeses. Este é o xeito que ten a Wikipedia de pagar as facturas: xente coma ti dándonos cartos para que o sitio poida manterse dispoñible gratuitamente para todas as persoas do planeta.

A xente dime que doa á Wikipedia porque atopa que é un recurso útil e confía nela porque, malia non ser perfecta, sabe que está escrita para ela. A Wikipedia non pretende promover o programa de relacións públicas dunha persoa ou unha ideoloxía en particular, ou persuadirte para que creas algo que non é certo. O noso obxectivo é contar a verdade; e podemos facelo grazas a ti. O feito de que financies este sitio mantennos independentes e capaces de transmitir o que ti necesitas e queres da Wikipedia. Exactamente como debe ser.

Debes saber que a túa doazón non só cobre os teus custos. O doante medio está pagando polo uso que el ou ela fai da Wikipedia, máis os custos de centos doutras persoas. A túa doazón mantén a Wikipedia dispoñible para unha ambiciosa cativa autodidacta de Bangalore que está aprendendo programación; unha ama de casa de mediana idade en Viena que foi diagnosticada de párkinson; un novelista buscando información sobre a Gran Bretaña do ano 1850; un neno de 10 anos en San Salvador que acaba de descubir a Carl Sagan.

No nome desa xente, e das outras cincocentas millóns de persoas lectoras da Wikipedia e os seus proxectos irmáns, douche as grazas por uníreste a nós no noso esforzo por facer que a suma de todo o coñecemento humano estea dispoñible para todas as persoas. A túa doazón fai deste mundo un lugar mellor. Grazas.

A maioría da xente non sabe que a Wikipedia está xestionada por unha organización sen fins lucrativos. Considera compartir esta mensaxe de correo electrónico con algúns dos teus amigos para animalos a doar. E, se tes interese, deberías intentar engadir algunha información nova na Wikipedia. Se atopas un erro ou unha falta de ortografía, corríxeo, e se descubres que falta algo, engádeo.Non pasa nada por equivocarse: é normal cando a xente edita por vez primeira e, en caso de que ocorra, outros wikipedistas han botarche unha man para arranxalo.

Agradezo a confianza que depositas en nós e prometo que habemos usar con xeito os teus cartos.

Grazas,
Sue

Sue Gardner
directora executiva,
Fundación Wikimedia [1]

Pódesnos seguir no [#twitter Twitter], [#identica identi.ca] ou [#google Google+], facer clic en "Gústame" no [#facebook Facebook] e [#blog ler o noso blogue]. Aquí está o [#annual informe anual da Fundación Wikimedia do 2010-2011], o [#plan plan anual da Fundación Wikimedia 2012-2013] e o [#strategic plan estratéxico para os vindeiros cinco anos]. Tamén podes mercar produtos da Wikipedia no enderezo [#shop shop.wikimedia.org].

Para a túa información: A túa doazón o [date] foi de [amount].

[ifRecurring]

This donation is part of a recurring subscription. Monthly payments will be debited by the Wikimedia Foundation until you notify us to stop. If you’d like to cancel the payments please see our [#recurringCancel easy cancellation instructions].

[endifRecurring]

Cancelar a subscrición: Queremos que como doante teñas información das nosas actividades comunitarias e campañas de recadación de fondos. Con todo, se prefires deixar de recibir as nosas mensaxes, preme na ligazón inferior para retirar o teu nome da lista de destinatarios:

[#unsubscribe Cancelar a subscrición]

Escta carta serve como proba da túa doazón. Non se proporcionaron bens ou servizos, en todo ou en parte, por esta contribución. A Fundación Wikimedia, Inc. é unha corporación sen fins lucrativos con estado 501(c)(3) libre de impostos con oficinas nos Estados Unidos de América. O noso enderezo é: rúa New Montgomery, número 149, 3º andar, San Francisco, California, 94105, Estados Unidos de América. Número de exención de impostos: 20-0049703


Please help us to [#translate translate] this email.