Jump to content

Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de Srikeit e Noopur

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Srikeit&Noopur Appeal and the translation is 100% complete.

1

Nunha campaña para reducir os custos, os responsables suxeriron o peche da oficina de patentes. Semellaba que calquera posible invento fora creado e patentado.

Todos sabemos como rematou!

Hoxe, a xente ve os 22 millóns de artigos da Wikipedia e pensa que xa se escribiu sobre todo. Mais iso non é certo. Aínda queda moito traballo por facer.

Son Srikeit e a miña amiga é Noopur. Somos membros da meirande xeración de xente nova do mundo. De feito, máis da metade dos 1.200 millóns de persoas da India é menor de 25 anos. A nosa xeración benefíciase dunha mellor educación, dunhas maiores taxas de alfabetización e dun fácil acceso á internet. O mundo está cambiando e nós axudamos a cambialo. Pero aínda temos moito que lograr.

A través deste incrible proxecto que é a Wikipedia podemos levar o coñecemento mundial á India. E podemos levar o coñecemento da India ao mundo.

Por favor, doa aquela cantidade que poidas para axudar ao crecemento da Wikipedia. Temos moito que facer.

Bio

Srikeit vive en Mumbai, onde traballa nunha axencia de publicidade. Noopur está realizando o seu doutoramento en estudios cinematográficos. Amigos desde hai cinco anos, o seu lazo de amizade estreitouse cando Srikeit introduciu a Noopur na Wikipedia. Comezaron a traballar xuntos para educar amigos, compañeiros de clase e colegas para que tamén puidesen contribuír na Wikipedia.