Jump to content

Fundraising 2010/Jimmy appeal 2/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

  • Se queres podes ler:
  • un chamamento urxente de
  • Jimmy Wales, fundador da Wikipedia
  • Son voluntario.

    Non cobro un céntimo polo meu traballo na Wikipedia, como tampouco o fan ningún dos nosos milleiros de voluntarios que colaboran como editores. Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente.

    Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

    A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir pensar, aprender, compartir os nosos coñecementos cos demais. É un proxecto humano único, o primeiro do seu estilo na historia. É un proxecto humanitario para levar unha enciclopedia libre a cada persoa do planeta.

    A cada persoa.

    Se os 400 millóns de usuarios da Wikipedia doasen un dólar, teriamos 20 veces a cantidade de cartos que necesitamos. Somos unha pequena organización; e eu traballei duro durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

    Para conseguir isto sen acudir á publicidade, necesitámoste. Ti mantés vivo este soño. Ti creaches a Wikipedia. Ti cres que paga a pena este lugar de reflexión e aprendizaxe.

    Este ano, considera facer unha doazón de 20, 35, 50 dólares ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

    Grazas,

    Jimmy Wales
    Fundador da Wikipedia