Jump to content

Strategy/Wikimedia Foundation/2016/Community consultation/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Strategy/Wikimedia Foundation/2016/Community consultation and the translation is 100% complete.


Benvido á consulta da estratexia de 2016 da Fundación Wikimedia. Ao longo de 2015 a Fundación estivo explorando como priorizar o seu traballo para apoiar dunha mellor forma as metas do movemento, postas en funcionamento, mais aínda non logradas no plan estratéxico 2010-15. O propósito desta consulta é axudar á Fundación Wikimedia a determinar as direccións que debe tomar neste traballo que comeza en xullo de 2016 e ten unha duración de 12 a 24 meses.

Informe de aproximacións de extratexia

Baseándonos na nosa visión, as consultas de estratexias de 2010 e 2015, así como a busca de impactos exteriores, trazamos tres grandes áreas prioritarias da Fundación: o alcance, as comunidades e o coñecemento (máis información do que queremos dicir con isto aparece máis adiante). O staf da Fundación e uns pequenos grupos da comunidade deron as súas achegas sobre os obstáculos principais e ideas para cada área de prioridade. Estas resumíronse nos enfoques estratéxicos para ser revisados pola comunidade aquí. A nosa tarefa é determinar, en colaboración coas comunidades, cal desas estratexias terá prioridade nesas tres áreas para axudar dunha mellor forma á nosa visión.

Esta consulta inclúe tres páxinas, enfocándose cada unha na temática respectiva. Nelas, realizarase unha pregunta aberta acerca de como pode a Fundación Wikimedia resolver de mellor forma un gran desafío específico para cada área. Se debe considerar que se listan 6 suxestións potenciais que podeían levarse a cabo en cada unha. Dada a limitación en canto recursos e tempo, é imposible realizalas todas e resulta necesario elixir entre estas opcións. Por isto se solicita axuda para dar prioridade os enfoques elixindo dous o tres que se consideren as máis importantes. Adicionalmente, tamén é posible incluír outro diferente. Toda a información recollida se incorporará para explicar as prioridades escollidas finalmente para o Plan Anual. Por favor, teña en conta que a Fundación tamén considerará os criterios para o proceso de priorización: os recursos requiridos, a capacidade da Fundación para provocar impacto e o que mellor se axuste co traballo realizado pola Fundación (en contraste con de persoas voluntarias o afiliadas).

Por favor respecta as Expectativas de espazo amistosas cando compartas as túas ideas ou discutas cos demais.

A información desta consulta axudará a informar á nosa estratexia e poñela en práctica.


align=right Thank you for contributing your thoughts to this consultation!

Cronoloxía

Estas son as nosas datas para este proceso.

  • 11 de xaneiro: Poñer as páxinas para a tradución
  • 18 de xaneiro: Lanzar a consulta á comunidade sobre as cuestións clave.
  • 15 de febreiro: Pechar a consulta.
  • 26 de febreiro: Publicar a síntese da consulta.
  • 4 de marzo: Publicar o primeiro esbozo da estratexia para comentarios.