Tech/Cambio de servidor 2017
Lea esta mensaxe noutra lingua • Please help translate to your language
A Fundación Wikimedia probou o seu centro de datos secundario en Dallas. Isto asegurou que Wikipedia e outras wikis de Wikimedia poidan manterse dispoñibles mesmo despois de que aconteza un desastre. Para garantir que todo funcione, o departamento de Tecnoloxía de Wikimedia debeu realizar unha proba programada. Esta proba mostrou se se pode cambiar sen problemas dun centro de datos a outro. Isto requiriu que moitos equipos estivesen preparados para a proba e que estivesen dispoñibles para arranxar calquera problema inesperado.
Todo o tráfico cambiouse ao centro de datos secundario o mércores 19 de abril de 2017. O mércores 3 de maio de 2017 volveuse a cambiar ao centro de datos primario.
Desafortunadamente, debido a certas limitacións en MediaWiki, todas as edicións deberon deshabilitarse durante eses dous cambios. Desculpámonos por esta interrupción, traballouse para minimizala no futuro.
Púidose ler, pero non editar, en todos os wikis durante un curto período de tempo.
- Non se puido editar durante aproximadamente 20 a 30 minutos o mércores 19 de abril e o mércores 3 de maio. A proba comezou ás 14:00 UTC (15:00 BST, 16:00 CEST, 10:00 EDT, 7:00 PDT, 23:00 JST).
- Se se trataba de editar ou gardar durante ese período, veríase unha mensaxe de error. Esperamos que ningunha edición se perdera durante eses minutos, pero non podemos garantilo. Se vía a mensaxe de error, tiña que esperar ata que todo volvese á normalidade. Despois xa podía gardar as súas edicións. Con todo, recomendamos que primeiro se realizase unha copia dos cambios, só por se acaso.
Outros efectos:
- Os traballos en segundo plano foron lentos e algúns foron descartados. As ligazóns vermellas non foron actualizadas de forma rápida como acontece normalmente. Se se creaba un artigo que xa estaba enlazado nalgures, esa ligazón seguiría a estar en vermello máis do usual. Varios scripts de longa duración deberon ser detidos.
- Houbo conxelacións no código as semanas do 17 de abril de 2017 e 1 de maio de 2017. Os despregamentos de código que non eran esenciais non foron levados a cabo.
Este proxecto podía ser posposto se fose necesario. Pode consultar a axenda en wikitech.wikimedia.org. Calquera cambio sempre será anunciado na axenda. Na axenda notificáronse todas as notificacións con respecto a isto. Comparta esta información coa súa comunidade. /User:Whatamidoing (WMF) (talk)