Reto dos Monumentos de España (Monuments of Spain Challenge)
Do 1 ó 31 de outubro de 2014
Unha explicación de por que facemos isto.
O Reto dos Monumentos de España ten a intención de mellorar o coñecemento da riqueza arquitectónica de España facilitando información sobre a mesma en tantas linguas como sexa posible. España é famosa pola súa ampla e variada cultura, que se reflicte en monumentos de todo tipo, desde Atapuerca até Gaudí.
Mediante Wiki Loves Monuments acumulouse unha gran colección de imaxes de castelos, igrexas, palacios e moitos outros lugares maravillosos distribuídos por toda a xeografía española. Esperamos que as usedes nos vosos artigos. Ou tamén podedes tomar vós mesmos as imaxes que falten en Wikimedia Commons para engadilas ós artigos existentes. Con miles de monumentos para elixir, podedes organizar a vosa propia estratexia.
A idea orixinal deste proxecto xurdiu e está baseada en boa parte en Umepedia Challenge. Varios de nós participamos nesa competición organizada por Wikimedia Sverige, o capítulo sueco de Wikimedia, e de alí sacamos a idea inicial, que houbo que modificar porque, xa se sabe, Spain is different. Tamén a organización do Repte 2014 por Amical Wikimedia foi unha fonte de ideas e motivación para este concurso.
Monumentos de España / Monuments of Spain é froito da colaboración dun grupo de Wikimedistas que usan diversas linguas. A nosa esperanza é que este concurso leve á realización de numerosos artigos que mostren o extraordinaria que é a nosa comunidade e que dea lugar á realización de máis colaboracións e máis interese mediático.
Moitas grazas a todos,
B25es (en nome do equipo do proxecto Monuments of Spain Challenge)