Editatón Días Internacionais 2022
Páxina principal | Participantes | Lista de artigos |
As Nacións Unidas dedica días e semanas a conmemorar acontecementos ou xerar conciencia e acción sobre asuntos de importancia universal. Hai 185 Días Internacionais, que se adoptan para promover diferentes causas, e celébranse nas datas acordadas pola Asemblea Xeral da ONU.
Os Días Internacionais supoñen unha celebración e permiten promover actividades de sensibilización sobre o tema do día. Reúnen axentes diversos como sociedade civil, sector educativo, gobernos e outras entidades. Coa Editatón Días Internacionais queremos dar máis espazo a todas estas causas en Wikipedia. Propoñemos un reto de edición en liña e multilingüe para mellorar os contidos sobre Días Internacionais en Wikipedia en castelán, catalán, éuscaro, galego, asturiano e portugués. Axúdanos a aumentar a información e a visibilidade destas temáticas na enciclopedia libre, para que cheguen a máis persoas. Participa entre o 11 e o 25 de xuño creando ou mellorando artigos.