Jump to content

Wikimedia Foundation elections/Board elections/2005/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
2005 Eleccións ó Consello de Administración
Organización

Un saúdo a todos,

A elección do Consello de Administración (Board of Trustees) da Fundación Wikimedia vai iniciarse. Somos nós, os Wikimediáns, os que imos escoger dous representantes entre os participantes nos proxectos Wikimedia en todo o mundo. Ós membros do Consello de Administración confíaselles a toma de decisións da Fundación Wikimedia. O seu papel non ten que ver co manexo dos sitios da Fundación.

Vótase por dous postos. serán elexidos por dous anos e terán responsabilidades semellantes. Para poder votar, debes ter ó menos 400 modificaciones antes do 30 de maio de 2005 hora 00:00 (UTC) no proxecto Wikimedia onde deposites o teu voto e ó menos terte rexistrado como usuario 90 días antes da votación. Por favor ten conta que os Responsables do proceso de elección teñen facultade para descalificar votos de usuarios permanentemente excluidos e de usuarios títeres. Se votas en máis dun proxecto tamén se considera un caso de usuario títere.

A elección lévase a cabo polo método de Voto aprobatorio. Cada votante terá a posibilidade de votar por tantos candidatos como desexe. Os dous candidatos máis votados serán declarados gañadores. En caso de empate, anunciaráse unha segunda volta de desempate.

Os candidatos interesados poden encher un formulario de inscrición en Candidatos Para a Elección 2005 ou as súas subpáxinas a partir do 7 de xuño de 2005, hora 00:00 (UTC). A continuación terán ata tres semanas para presentarse ó resto da comunidade Wikimedia. Os coordinadores de traducción velarán pola traducción destas presentacións en todos os idiomas, tras o que se iniciará a votación.

Esta é a axenda para a elección:

Inscripción de candidatos
do martes 7 de xuño de 2005, hora 0:00 (UTC)
ó   luns 27 de xuño de 2005, hora 24:00 (UTC)
Votación
do martes 28 de xuño de 2005, hora 0:00 (UTC)
ó   luns 11 de xullo de 2005, hora 24:00 (UTC)
Avisa de novas traducción do texto a Traducción do material para a Elección 2005.

Se queres participar na traducción dos próximos boletíns, por favor inscríbete en Coordinadores de traducción do material para a Elección 2005.

Sorte a tódolos candidatos,

Responsables do proceso de elección, Comité de Elección de Wikimedia


Un saúdo para todos,

Os requisitos necesarios para votar cambiaron. Antes dicía ó menos 400 modificacións en total antes do 30 de maio de 2005 hora 00:00 (UTC), que cambiou por ó menos 400 modificacións antes do 30 de maio de 2005 hora 00:00 (UTC) no proxecto Wikimedia onde deposites o teu voto."

Este cambio foi suxerido pola Xunta de Administración (véxase Wikimedia:Meetings/June 7, 2005) para facilitar a verificación e evitar a posibilidade de votos fraudulentos.

Gracias pola túa comprensión.

15 de xuño de 2005 hora 09:57 (UTC)
Responsables do proceso de elección, Comité de Elección de Wikimedia