Todo o que tes que facer para participar neste concurso é engadir o teu nome de usuario abaixo cunha ligazón á túa páxina de usuario na túa lingua; entón, cando crees ou mellores as páxinas en calquera das oito linguas, volve aquí e engade a ligazón de cada páxina debaixo do teu nome, xunto coa puntuación que reclamas. É responsabilidade de cada participante deixar constancia das súas edicións. Se dúas ou máis persoas contribuíron igualmente nunha acción (por exemplo: escribindo un artigo novo) todas deberían sumar puntos por isto.
Contest rules
O concurso está baseado no sistema de puntuación KISS: Consegues puntos traducindo artigos das seguintes linguas: aragonés, asturiano, éuscaro, catalán, estremeño, galego, mirandés, occitano, portugués e castelán. O obxectivo dos participantes e gañar tantos puntos como sexa posíbe. Importante! As edicións automáticas con problemas ou erros de tradución non son válidas. As regras de puntuación son as seguintes:
+1 punto por cada +1,000 bytes de contido engadido en calquera lingua.
+3 puntos por cada tradución nova dun artigo en calquera lingua.
Exemplos
Se engades 3,600 bytes de contido a un artigo existente, consegues 3 puntos
Se creas un artigo novo e ten un tamaño de 4,000 bytes, consegues 7 puntos: 3 puntos por comezar un artigo novo e 4 polo seu tamaño.
Se engades 3,600 bytes de wikitexto (referencias, citas) a un artigo existente, consegues 3 puntos.