Jump to content

Grants:PEG/Criterios

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Grants:PEG/Criteria and the translation is 100% complete.

As peticións de subvencións deben apoiar a misión de Wikimedia e as súas prioridades estratéxicas. A WMF favorece as peticións de alto impacto e innovadoras, e busca aumentar a capacidade de cada subvencionado para desenvolver e executar novos programas e colaboracións.

Exemplos de subvencións a proxectos aliñados coa misión son: un concurso de creación de artigos, actividades de participación para achegar e formar a novos usuarios, actividades de colaboración con GLAMS, e intentos de engadir contido local ós proxectos.

Para unha lista de todas as subvencións pasadas consulte Grants:PEG/Peticións.

O Comité Asesor de Subvencións e persoal da WMF analizan as solicitudes a partir dos seguintes criterios:

  1. O axuste missión e strategic priorities de Wikimedia.
  2. O potencial impacto nos Proxectos obxectivo da Wikimedia (p. ex.: Wikipedia en castelán, Wikimedia Commons). Que podrían mellorar as actividades? Que podería crearse ou mellorarse grazas ao traballo realizado coa subvención?
  3. A dispoñibilidade e prontitude de voluntarios e da dispoñibilidade doutros recursos non financeiros necesarios para realizar as actividades. Os solicitantes da subvención serán razonablemente capaces de producir os resultados esperados?

É a escala proporcional ao tamaño do equipo e base de voluntarios? Isto foi demostrado?

  1. O historial do/s solicitante/s na xestión de subvencións (se procede).
  2. O grao en que a subvención podería engadir novos coñecementos ou para fomentar a innovación no movemento Wikimedia (asegurando que as actividades non están baseadas en modelos que xa se demostrou que non son efectivos).
  3. Como de eficazmente sería usada a subvención.
  4. A calidade das medidas de éxito propostas. Son realmente medibles?
  5. A sostibilidade do impacto máis aló da duración das actividades. O traballo seguirá a producir? A nova infraestrutura/capacidade alimentaría traballo posterior?