Jump to content

Galeusca/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Other languages:
Galeusca
1 de outubro de 2023 - 31 de outubro de 2023

Recibe a nosa benvida!

  • Que é isto? O 11 de setembro de 1923 firmouse en Barcelona a Tripla Alianza, un acordo entre asociacións políticas co fin de reclamar a soberanía de Galiza, Euskadi e Catalunya. Cen anos despois nace o proxecto Galeusca para traducir contidos nos diversos proxectos Wikimedia entre as linguas galega, vasca e catalá. Cada comunidade wikimedista suxire diferentes artigos relevantes da súa propia cultura para compartir coñecemento cultural con outros dominios lingüísticos.
  • Cando?: O desafío terá lugar do 1 de outubro ao 31 de outubro de 2023. Xa que logo, só as edicións feitas entre estas datas serán incluídas no concurso.
  • Como?: O concurso baséase no sistema de puntos KISS: consegues puntos traducindo artigos ao galego, éuscaro e catalán. A meta de cada participante é acadar tantos puntos como sexa posible. As regras de puntuación son as seguintes:
    • +1 punto por cada +1000 bytes de contido engadido en calquera lingua.
    • +3 puntos por cada tradución nova dun artigo en calquera lingua.
  • Quen?: Todo o mundo pode participar traducindo e redactando artigos. Calquera Wikipedista cunha conta rexistrada (en calquera wiki) pode concursar. Para participar simplemente debes asinar na sección de Participantes.

    Se é a primeira vez que editas na Wikipedia, antes de nada, Benvida! Suxerimos que botes unha ollada a Wikipedia:Tradución e a Axuda:Introdución. Isto fará o proceso máis fácil de levar a cabo! Cando comeces a editar, o Manual de Estilo podería servirche de axuda. Todas estas páxinas están dispoñibles en moitas linguas. Amais, hoxe en día é moito máis fácil contribuír á Wikipedia ca antes e nin sequera tes que aprender código ningún! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:VisualEditor para máis información.

Detalles do concurso
Galeusca
Lista de artigos
Galeusca
Premios
Galeusca
Participantes
Galeusca
Axuda
Galeusca