Levo involucrado coa Wikipedia (e UseNet ou outrosdiferentes proxectos baseados en comunidades) durante algúns anos. Lendo algunhas dos apuntamentos dos encontros, creo que podo contribuír na sorte de debates desenvolvidos coa xestión do proxecto.
Ideas:
Establecer unha dotación para que a fundación forneza a almofada financeira a partir dos esforzos en recaudación de fondos
Buscar fontes de financiación que non nos obrigen a mudar a nosa natureza aberta e sen publicidade
O Board debe continuar sendo conservador nas actuacións oficiais cotiás na wiki, reticente a actuar agás cando sexa necesario polo ben do proxecto
Ser escéptico sobre a aceptación de novas custas e infraestrutura "pesada" sen unha forte xustificación, para asegurar que o proxecto permaneza solvente, incorrupto e flexible
Explorar xeitos de presentar os datos que temos en máis formatos có da web (p. ex. TTS, aparellos móbiles, etc.) polo beneficio da humanidade
Ter moito coidado para evitar riscos que poidan poñer ó proxecto nun perigo legal
Continuar os esforzos para reunificar a Enciclopedia Libre e a Wikipedia en castelán, así coma incentivar e establecer asistencias para proxectos noutras linguas, traballar máis achegados ás wikis noutras linguas para intentar previr problemas semellantes, asegurar o cumprimento coa legalidade e compartir ideas sobre a política (filosofía) da wiki