Que e isto?: Despois do éxito en 2016 do Castles Challenge e como parte do Programa de contido de calidade de Wikipedia Amenia, que inclúe colaboracións internacionais, Wikimedia Armenia e Wikimedia España organizan unha nova actividade de edición para contribuír a espallar a cultura, historia, tradicións e calquera outro aspecto de ámbolos dous países. O concurso consiste na creación, tradución ou mellora de artigos en calquera lingua; se estás en Armenia, tes que editar sobre España, e se estás en España, sobre Armenia.
Cando?: O concurso terá lugar dende as 00:01 (CET UTC+01:00) do 1 de setembro de 2018 até as 23:59 (CET UTC+01:00) do 20 de setembro de 2018. Polo tanto, só conta o traballo feito entre esas datas.
Como? (IMPORTANTE!): As regras son as seguintes:
+1 punto por cada +1,000 bytes de contido engadido.
+1 punto por cada artigo novo.
Só se terán en conta artigos cuxo tamaño sexa de 10,000 bytes ou máis e que teñan 5 referencias diferentes.
As traducións automáticas ou páxinas cuxo contido principal sexan táboas, como listas, non serán válidas.
Quen?: Por mor das características legais dos premios, só poden participar editores de España e Armenia (maiores de 18 anos). Só precisas un nome de usuario e asinar na sección de Participantes.
If you are a new editor of Wikipedia, first of all, Welcome! We suggest that you take a look at Wikipedia:Translation and the Introduction. That will make it easier to get going! When you start writing, the Manual of Style might be of help. All these pages are available in many languages. Also, nowadays it is much easier to contribute to Wikipedia than ever before and you don't really have to learn any code! Please have a look at Wikipedia:VisualEditor for more information.