Revisión de actividade de administradores/Aviso ás comunidades
Please select a language and use the text without <translate> tags by using the button "View raw source":
IMPORTANTE: Revisión de actividade de administradores
Ola. En virtude dun gran consenso comunitario global, aprobouse no ano 2013 unha política que ten por obxecto a retirada dos permisos avanzados (administrador, burócrata, etc.) de aquelas contas que se atopen inactivas. De acordo coa mesma, os stewards están revisando a actividade dos administradores en todos os proxectos da Fundación Wikimedia que non dispoñan dunha política de inactividade propia. Ata onde sabemos, esta wiki non conta cun proceso formal nin política relativa á revisión e retirada de permisos avanzados de contas inactivas. Isto significa que os stewards encargaranse delo de acordo coa política de revisión de actividade administrativa.
Detectamos que os seguintes usuarios cumpren o criterio de inactividade (sen edicións nin accións rexistradas por máis de 2 anos consecutivos):
- usuario 1 (administrador)
- usuario 2 (burócrata, administrador)
- usuario 3 (burócrata)
- usuario 4 (administrador da interface)...
Estes usuarios recibirán unha notificación pronto, onde se lles informará que deben comezar unha conversa na comunidade se queren manter algúns ou todos os seus permisos. Se os usuarios non responden, os seus permisos serán retirados polos stewards.
Porén, se vostedes como comunidade desexan crear o seu propio proceso de revisión de actividade para substituír o proceso global, queren tomar outra decisión acerca dos usuarios inactivos ou teñen algunha outra política da que non nos decatamos, entón avisen ós stewards en Meta-Wiki para que saibamos que non debemos proceder coa revisión de permisos nesta wiki. Grazas,